Nos últimos días defendéronse tres teses doutorais desenvolvidas no seo do Grupo de Especiación e Elementos Traza (GETEE), pertencente a AeMAT. O xoves, 10 de setembro de 2020 na Facultade de Farmacia,  Bedigama Kankanamge Kolita Kamal Jinadasa defendeu a súa tese titulada «Development of fast methodology for analysis and speciation of mercury and arsenic in foodstuff», dirixida por Antonio Moreda Piñeiro e Elena María Peña Vázquez. O día 11, na Facultade de Química, presentou a súa tese Gabadage Dona Thilini Madurangika Jayasinghe, titulada «Development of screening and confirmation methods for aflatoxins assessment in fish feed and aquaculture products” dirixida por Antonio Moreda Piñeiro e María Raquel Domínguez González, e  finalmente o luns 14, Alá Salem Ali Alnaimat, presentou «Study of trace elements and organic compounds of toxicological interest in tea samples», dirixida por Pilar Bermejo Barrera e Mari Carmen Barciela Alonso.

Nestes traballos desenvolvéronse polímeros de impresión iónica e molecular para a preconcentración e análise de contido total e especies tóxicas de arsénico e mercurio, aflatoxinas, ftalatos e bisfenol A (plastificantes) en distintos alimentos, e tamén combináronse os polímeros con nanoparticulas semiconductoras (quantum dots) para facilitar a detección rápida fosforescente destas sustancias.