AeMAT é a Agrupación Estratéxica de Materiais da Universidade de Santiago de Compostela. A agrupación componse de 11 grupos de investigación cunha ampla experiencia no estudo dos materiais. Esta organización comezou a súa actividade en 2018 tras o recoñecemento por parte da Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional como Agrupación Estratéxica.
AeMAT persegue a creación dunha unidade especializada en materiais. Para iso agrúpanse a experiencia científica, tanto en ciencia fundamental como en investigación aplicada e transferencia de tecnoloxía; os medios materiais; e a formulación estratéxica que ten como obxectivos a atracción e xeración de talento, a transferencia de tecnoloxía e a ciencia excelente, todo iso coa misión de xerar ciencia de impacto con e para a sociedade.