AeMAT

AeMAT - Agrupación Estratéxica en Materiais

A agrupación

A Agrupación Estratéxica en Materiais (AeMAT) está integrada por 11 grupos de investigación multidisciplinares da Universidade de Santiago de Compostela (USC) que posúen notábeis capacidades de investigación tanto no ámbito do coñecemento básico como na área aplicada dos materiais, incluíndo o desenvolvemento de procesos e a súa transferencia ós sectores produtivos do país.

AeMAT persegue organizar de maneira integrada e complementaria un conxunto de capacidades consolidadas na USC.

Principios AeMAT

AEMAT_LiderazgoCientifico

Ciencia excelente e liderado científico

Consolidar a investigación en materiais tecnolóxicos e nanociencia, explorando o equilibrio entre a investigación de fronteira baseada na complementariedade das diversas capacidades científicas e a investigación aplicada con clara proxección tecnolóxica.

AEMAT_PoliticaTalento

Posta en valor do talento

Defender estándares, criterios e perfís para conformar unha masa crítica óptima.

AEMAT_GestionEficiente

Xestión eficiente

Establecer unha organización que consolide unha cultura colectiva que permita compartir de maneira máis eficaz e eficiente estratexias comúns a todos os grupos de investigación que se poidan adscribir á Axenda de Investigación.

AEMAT_InvestInnov

Investigación e Innovación responsábeis

Xestionar a complementariedade das capacidades científicas asociadas para abordar con éxito os retos da sociedade que prioriza Campus Vida en ámbitos como a saúde e o medio ambiente.

AEMAT_Transferencia

Transferencia

Incidir sobre tecnoloxías facilitadoras básicas priorizadas no Horizonte 2020 dentro do programa Industrial Leadership, actuando como motor da diversificación e competitividade de sectores industriais e do impulso da nova economía do coñecemento. Así, AeMAT aliñéase co Modelo industrial da Galicia do Futuro e Novo modelo de vida saudable definidos pola estratexia de especialización intelixente (RIS3) diseñada pola Xunta de Galicia.

Foco temático

Medios materiais

A agrupación domina un amplo rango de técnicas experimentais en Ciencia e Tecnoloxía de Materiais que lle permite acercar os resultados obtidos no laboratorio ó entorno industrial de Galicia e á sociedade en xeral.

Laboratorios de caracterización

  • Espectrómetros: AAS, ICP/OES, FTIR, FRX
  • Equipamento de Microscopía: Ópticos, AFM e Electrónico de Barrido SEM/EDS
  • Difractómetros de Raios X
  • Analizadores Térmicos: ATD, TG, DSC, Dilatómetros
  • Máquinas Universais de Ensaios: Durómetros, Aparatos de Triboloxía, Fornos de Laboratorio con e sen atmósfera controlada, estufas, Viscosímetros, Reómetros, equipos para Granulometría, Conductivímetros, Magnetómetros, Cromatógrafos, Centrífugas de distintos tipos e outros, específicos de cada campo de traballo.

Laboratorios de procesamento

  • Equipos de Síntese
  • Fornos de distintos tipos
  • Cámaras de Sputtering e de Evaporación Térmica
  • Sistemas de Litografía
  • Extrusoras de Laboratorio
  • Equipos de tratamento de superficies
  • Prensas de laboratorio
  • Equipos de Spray-pirolisis, Liofilizadores, Impresoras 3D Printing (MultiMaker y ROBOCASTING), etc.

Planta piloto

Máis de 600m2 de superficie

  • Fornos de atmósfera controlada/vacío ata 2500ºC
  • Fornos de gas
  • Extrusoras
  • Planta de Moenda
  • Mezcladoras
  • Sistemas de Filtración
  • Prensas Unidireccionais
  • Prensas especiais (Isostática e Hot Press)
  • Fornos de Indución
  • Crecedor Czochralski
  • Pulidoras e Cortadoras de diamante

Servicios xerais

  • Resonancia Magnética
  • Raios X
  • Microscopía Electrónica e Confocal
  • Análisis Elemental
  • IR-RAMAN
  • Magnetosusceptibilidade
  • Crioxenia
  • Experimentación Animal
  • Soplado de Vidro e Cuarzo

Consulta todos os indicadores de actividade de AeMAT

Conócenos en 3 minutos