Liñas de Investigación

Área Estratéxica 1

Nanomateriais funcionais e outros materiais avanzados


Eixe Temático 1

Nanomateriais funcionais

Desenvolvemento e estudo de propiedades físicas e químicas de sistemas nanoestruturados con aplicacións magnéticas, plasmónicas, poliméricas, superconductoras, catalíticas, etc. Combínase a tecnoloxía aplicada coa investigación fundamental, usando ferramentas que entroncan coa nanociencia e a nanotecnoloxía emerxente.

Liña de Investigación 1.1

Nanoestruturas e materiais de nova xeración (grafeno, outros materiais 2D, superconductores de nova xeración e estruturados, aislantes topolóxicos, memorias USB, etc.)

Liña de Investigación 1.2

Nanoestruturas magnéticas de composición híbrida (orgánica/inorgánica) con resposta multifuncional controlable mediante estímulos externos.

Liña de Investigación 1.3

Polímeros nanoestruturados e copolímeros de bloque de estrutura controlada con propiedades avanzadas (plasmónica, impronta molecular, etc.).

Liña de Investigación 1.4

Clústeres cuánticos atómicos de metais con funcionalidades catalíticas e luminiscentes (atomic quantum dots).


Eixe Temático 2

Superficies e recubrimentos

Estudo e tratamento dos procesos que teñen lugar nas superficies, películas delgadas e sistemas de baixa dimensionalidade, que xogan un papel fundamental en moitas das propiedades e aplicacións dos materiais tecnolóxicos actuais. Ocupa especial relevancia o tratamento superficial e o crecimento e diseño dos recubrimentos que confiren unhas características específicas ás superficies dos materiais.

Liña de Investigación 1.5

Películas delgadas e sistemas de baixa dimensionalidade.

Liña de Investigación 1.6

Recubrimentos micro e nanométricos: Recubrimentos anticorrosivos, antiadherentes. Propiedades tribolóxicas, dieléctricas e blindaxe electromagnético.

Liña de Investigación 1.7

Materiais bidimensionais con propiedades magnéticas e termoeléctricas.

Liña de Investigación 1.8

Interfases nanoestruturadas líquido-sólido. Novos sistemas electrodo-electrolito (en baterías, células de combustible, dispositivos microfluídicos entre outros).


Eixe Temático 3

Outros materiais avanzados

Materiais capaces de satisfacer novas necesidades tecnolóxicas e/ou de investigación básica, con propiedades estruturais e/ou morfolóxicas distintivamente diferentes ás dos materiais convencionais. Os materiais avanzados están encamiñados a desenvolver produtos con maior valor engadido.

Liña de Investigación 1.9

Materiais híbridos multifuncionais.

Liña de Investigación 1.10

Novas técnicas de produción e deseño para materiais avanzados: 3D printing, fluidos supercríticos, electro-spinning, self-assembly, elect.

Liña de Investigación 1.11

Nanoestruturación e propiedades funcionais de electrolitos avanzados. Disolventes densamente iónicos: líquidos iónicos e Deep Eutectic Solvents Nanofluidos (filtración, homoxeneización e aplicacións).

Liña de Investigación 1.12

Catalizadores multifuncionais e heteroxéneos avanzados

Área Estratéxica 2

Biomateriais


Deseño e obtención de novos nanomateriais e dispositivos para a súa aplicación en liberación controlada e biomarcadores selectiva de principios activos; novos axentes de contraste para imaxen biomédica e/ou novos axentes terapéuticos (teragnóstica); detección sensible e específica de bioanalitos e en medios biolóxicos complexos; reparación/rexeneración de tecidos e creación de novos tecidos por impresión 3D, etc.

Liña de Investigación 2.1

Nanopartículas autoensambladas con interese biotecnolóxico e/ou médico. Algoritmos e software para o recoñecemento, agregación e disociación de biomoléculas.

Liña de Investigación 2.2

Materiais macro e mesoporosos con resposta multifuncional para implantoloxía; mediciña rexenerativa e como axentes teragnósticos en aplicacións biomédicas.

Liña de Investigación 2.3

Nanofiltración de líquidos de interese biotecnolóxico e sanitario mediante microfiltros nanofuncionalizados.

Liña de Investigación 2.4

Codificado de frentes de ondas e plenóptica para previr a discapacidade visual.

Liña de Investigación 2.5

Clústeres cuánticos atómicos para aplicacións biomédicas.

Área Estratéxica 3

Materiais e dispositivos ópticos


O control da luz, especialmente en medios exóticos onde a mecánica cuántica ou as compoñentes non-lineais das ecuacións son relevantes, é un dos campos da fotónica máis activos tanto a nivel fundamental como para aplicacións de alto valor innovador.

Liña de Investigación 3.1

Coherencia e polarización cuántica da luz.

Liña de Investigación 3.2

Fotónica cuántica integrada para criptografía e procesados cuánticos.

Liña de Investigación 3.3

PET alta potencia.

Liña de Investigación 3.4

Micromecanizado con pulsos láser curtos e ultracurtos.

Liña de Investigación 3.5

Deposición de capas delgadas mediante PLD e caracterización.

Liña de Investigación 3.6

Escritura con feixes láser e de electróns en materiais fotónicos.

Liña de Investigación 3.7

Femtomagnetismo e óptica non lineal.

Área Estratéxica 4

Simulación computacional de materiais


O nivel de esixencia computacional das áreas estratéxicas da agrupación é moi elevado, con necesidades en cálculo numérico, simulacións, análise de datos, etc. de ferramentas sofisticadas dende o punto de vista computacional. A agrupación posúe unha gran experiencia en métodos matemáticos de cálculo sofisticados, tanto analíticos como numéricos.

Liña de Investigación 4.1

Simulación en biomateriais.

Liña de Investigación 4.2

Simulación en sistemas en baixa dimensionalidade e nanoestruturas.

Liña de Investigación 4.3

Simulación en materiais cuánticos.

Liña de Investigación 4.4

Simulación en materiais para recolección de enerxía.